Sincronizar

Hai dous tipos distintos de sincronización:

Sincronizar cartafoles e ficheiros é actualizar a túa árbore de cartafoles coa árbore de álbumes na base de datos. Sincronizar os metadatos de ficheiros é actualizar a información das fotos, tal como o tamaño do ficheiro, dimensións en píxeles, EXIF ou información IPTC, na base de datos.

Cando sincroniza os ficheiros enviados coa galería, primeiro hanse sincronizar os directorios e ficheiros.

O proceso de sincronización pode levar moito tempo (dependendo da carga do servidor e o número de elementos a xestionar) por iso é posible facelo álbum por álbum.