Mantemento
Para optimizar o tempo de xeración da páxina Piwigo utiliza información almacenada en caché. Por exemplo, en vez de contar o número das fotos contidas en cada álbum en cada recarga de páxina, esta información é almacenada na base de datos. En teoría esta información sempre tería que ser correcta mais ás veces pode ocorrer un erro e a información da caché devén fóra de data.
Algunha información pasa a ser menos útil co paso do tempo. Eliminando esta información inútil da base de datos aforrará algún espazo no disco.
- Actualizar informacións de álbums: para cada álbum, a información comprobada e actualizada se é necesario é: lista de álbums pai, número de fotos, última data de foto, posición entre álbums irmáns, posición entre todos os álbums. Esta acción tamén comproba a consistencia de fotos representativa.
- Actualizar información de fotos: para cada foto, a información actualizada é: ruta completa do ficheiro, valoración media. Aviso, non se confunda: a información de metadatos ten que ser sincronizada a partir de Administración » Ferramentas » sincronización, ou na pantalla de modificación dunha foto soa (a traveso de Foto por exemplo).
- Reparar e optimizar a base de datos: realiza operacións de reordenación, reparación e optimización en cada táboa da base de datos.
- Reinicializar a comprobación de integridade
- Purgar histórico de detalles: elimina todas as liñas da da táboa de historia. Pantalla Administración » Ferramentas » Historia non vai volver amosar información da historia pasada. Aviso: todos os datos serán perdidos, sen xeito se recuperalos novamente.
- Purgar histórico de resumos: elimina toda a información de resumo sobre historia de visita. Este resumo é calculado a partir dos detalles de historia.
- Purgar sesións: elimina sesións de usuario que expiraron.
- Purgar as notificacións de semente nunca utilizadas.
- Purgar o histórico de procuras.
- Purgar modelos compilados.