Cada foto permite establecerlle un nivel de privacidade (un bloqueo). Cada usuario tamén ten seu nivel de privacidade (unha chave). Hai 5 niveis de privacidade:
Os niveis altos teñen permisos sobre os niveis máis baixos. Para un determinado usuario, a maior nivel de privacidade, máis fotos poderá ver.
Por exemplo, se a foto "boda_pedro-0024.jpg" ten o nivel de privacidade "Familia", entón:
Un usuario que non ten permiso para ver o contido dun álbum non poderá velom nin sequera o seu título. Ás etiquetas aplícaselles o mesmo principio.
Podes establecer o nivel de privacidade dun usuario na pantalla Administración » Usuarios » Xestión.
Se o nivel de privacidade non se axusta ás túas necesidades, podes xestionar os permisos nos álbums para un usuario ou grupo. Podes xestionar permisos en fotos e álbums á vez sen problema.
Podes prohibir o acceso ós álbums. Para elo tes que mudar o tipo de acceso ó álbum a "privado" desde a xestión dos permisos.
Podes establecer un álbum como privado modificando un único álbum (Administración » Álbums » Xestión » modificar) ou establecendo as opcións para toda a árbore de álbums (Administración » Álbums » Propiedades » Público / Privado).
unha vez que o álbum é privado, podes xestionar os permisos para grupos e usuarios desde 3 pantallas: