Ligazóns permanentes

As ligazóns permanentes empréganse para facer os urls dos álbums máis agradables. Cando un álbum ten unha ligazón permanente definida, o id do álbum deixa de ser necesario no url.

Cando se borra unha ligazón permanente, pode ser gardada no histórico de ligazóns permanentes, deste xeito as ligazóns externas ás páxinas de Piwigo continúan a traballar. Na taboa histórica de ligazóns permanentes pódese ver a data na que a ligazón permanente se borrou, a última vez que se usou e o número de veces que esta ligazón permanente foi empregada.

Nótese que as ligazóns permanentes deben ser únicas para cada álbum. Amais na táboa histórica de ligazóns permanentes non se pode ter definida a mesma ligazón permanente máis dunha vez.